Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1320
Clasificación Genérica Obxectos devocionais; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Pintura
Objeto/Documento Icona
Tipología/Estado Doméstica
Autor/a Anónimo
Título Matanza dos Santos Inocentes
Conjunto Colección de iconas rusas
Materia/Soporte Soporte: Madeira Marrón escuro [Ten unha travesa horixontal pola parte traseira.]
Elementos sustentados: Témpera [Cores: vermello, branco, castaño, ocre, azul e verde]
Ouro Dourado
Verniz
Preparación
Técnica Pintura a man alzada
Dourado
Vernizado
Soporte: Talla [Berce e arca]
Pintura á témpera
Dimensiones Icona: Profundidade = 3 cm; Altura = 38,80 cm; Anchura = 35,30 cm
Descripción Icona rectangular coa arca pintada en cor ocre. O fondo da escena é de cor vermella. En primeiro plano están representados os inocentes vestidos con túnicas brancas e con nimbos dourados. Á dereita está o borde da rocha e unha planta. Detrás dos inocentes hai dous soldados con lanzas, casco e armadura e unhas rochas de onde caen outros inocentes espidos e con nimbos. Á dereita temos unha arquitectura cun grupo de mulleres que se lamentan ante a traxedia. Unha delas levanta os brazos e outra cúbrese os ollos. Na parte superior da icona, metido nun semióvalo, está Xesus cun rolo na man. Á dereita e á esquerda de Xesús hai unha inscrición.
Iconografia Icona: Matanza dos Inocentes; Xesús
Inscripciones/Leyendas Cara anterior, ao carón da figura de Xesús, Pintado a man alzada
(1850[ca])
Datación 1850[ca] (Mediados do s. XIX)
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Lugar de Producción/Ceca Europa Central e Oriental (Europa)
Uso/función Devocional
Descriptores Geográficos Europa Central e Oriental
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: A contemplación do invisible. Iconas rusas. Colección Santos - Illueca; programa de exposicións temporais sede Praterías, (do 13 xullo de 2016 ao 30 de decembro de 2016).
Clasificación Razonada As iconas son obxectos de veneración, moitas delas contan cunha fama engadida porque se consideran milagreiras por se lles atribuír curacións e outras accións beneficiosas. Algunhas constitúen o obxecto principal de veneración de santuarios, meta de importantes peregrinacións. Determinadas características do territorio e circunstancias de tipo histórico marcarán as diferenzas da produción rusa respecto dos precedentes bizantinos e doutras rexións baixo a órbita ortodoxa.
Segundo as características que presenta, posiblemente poida formar parte da tipoloxía de iconas domésticas. Estas estaban destinadas ao lugar de oración familiar que todos os domicilios posuían e acostuman a ser de tamaño reducido (entre 20 x 15 e 40 x 35 cm.)
Forma de Ingreso Depósito
Fecha de Ingreso 28/10/2013
Catalogación Cobas Macías, Cristina; Kollmeier, Korbinian; Rodríguez Martínez, Xoel
| más imágenes |

Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

Foto: Cristina Cobas Macías

Foto: Cristina Cobas Macías

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6